domingo, 29 de diciembre de 2019

2.- ESQUEMA DE TRABALLO DOS PENIDOS


 MÉTODO

1.- Acotaremos no mapa oficial a escala 1:25.000 a zona a estudar. (1 cm equivale a 250 metros).
Esta zona escollida, a dividiremos –polas suas cuadrículas xeográficas- en 12 partes ás que chamaremos “ZONAS”, que terán cada unha delas 1 kilómetro cuadrado.
2 .- Cada unha destas 12 zonas, a sua vez, ímolas dividir en catro partes cadradas, ás que chamaremos “SECCIÓNS”. Cada Sección terá 500 metros cuadrados.
3 .- Cada sección a dividiremos en 9 partes, ás que chamaremos “SUBSECCIÓNS”. Cada Subsección terá 166 metros cuadrados.

Tendo ese esquema presente, iniciaremos o traballo; indo , Area a Area , diseccionando o territorio comprendido, dende as Zonas ( 1km2) ate as subseccións ( 166 m ), tendo a finalidade de mirar metro a metro o terreno proposto para reflexar neste estudo os achadegos atopados


                                                   ACCESOS

Son varios puntos concretos dende onde podremos acceder a zona estudada.

LESTE.-

Dende a estrada de Ferreira a Abadín  polo Cadramòn, a 3 km de Ferreira, no cruce das Naranxeiras colleremos a dereita ate subir o castro de Recaré polo seu Via Crucis, e pasado a Igrexa collemos desviación a esquerda para despois do lugar das Pardellas coller cruce a dereita, que nos levará a área recreativa do Curro da Rapa das Bestas de Santomé, para de seguido enfilar a estradiña de terra que nos levará o corazón dos Penidos.

Pista de subida no Escallal: Poderedes ir de dous xeitos :

1.- Proseguimos pista anterior despois do cruce òs Penidos ( despois das Pardellas) , para atopar esta pista de subida a 2,91 km a dereita.
2.- Proseguimos pola Estrada de Ferreira o Cadramón, e pasado 250 m de Frexulfe, a 6, 8 km de Ferreira, no cruce do lugar do Pazo coller a dereita. Continuaredes 1,68 km ate bater con esta mesma pista de subida a esquerda, que chamaremos "a ruta cara o Forcòn".

Nesta mesma estrada Ferreira-O Cadramón, poderedes continuar , e a 2,50 km desde Frexulfe, no lugar de Freixido atoparedes pista a dereita que seguiredes ate bater con esta pista reseñada anteriormente cara o Forcòn.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario

52.- ( Zona 12 ) PEDROUZOS ( XENERALIDADES )

                                                          PEDROUZOS Casoupa típica destas Áreas en Pedrouzos . Hai un ano desfixéronna....