martes, 4 de febrero de 2020

23.- ( Zona 6 ) CHAIRA DOS PENIDOS ( 3 ) A CHAIRA NAS SUAS 4 PARTES

                            
              A CHAIRA NAS SUAS 4 PARTES.


Añadir leyenda

  DIVISIÓNS DA CHAIRA .-  Para unha maior comprensiòn, ( posto que falaremos moito dela cando vaiamos ampliando os nosos coñecementos dela ) desta extensa e interesantísima Chaira a dividiremos en 4 partes atendendo o curso do rio Vao, que eiquì exercerà de elemento vertebrador.: 


1.- Chaira  Oriental-Norte-(dende o "arco da Pista dos Penidos" ate o Povoado da Chaira).
 ( marxe dereita do Vao).

2.- Chaira Oriental-Sul.- . ( dende o sul dos Asentamentos do Prado das Chantas ate Pena Teixeira). ( marxe esquerda do Vao)

3.- Chaira  Occidental-Norde.- ( Dende o Povoado ate a Pena que Fala). ( Marxe dereita e inicial do Vao).

4.- Chaira Occidental-Sul.- (Dende a Pena Teixeira ate o final da Mina ( marxe esquerda e berce do Vao).



                 1.-  CHAIRA ORIENTAL NORTE 

 (dende o "arco da Pista dos Penidos" ate o Povoado da Chaira). ( marxe dereito do Vao)  pódese ollar con calma e paciencia as marcas do traballo feito nela, cecáis en diferentes épocas. Asi pois esta Área descríbenos un impoñente cercado de 1,10 km de lonxitude en torno a un volumen interno de 7, 56 Ha.
Non estamos seguros delo, mais este esquema de " Curro Vello" fóise alterando adoptando unha forma moi clásica que xa temos visto tamén na área do berce dos Regatos que conforman a Fraga das Lerias e que se compón de unha grande planta circular da que sale unha pequena e alongada estructura curva e pecha. Esta evolución pode ser contemporánea ou ben propia dunha evolución das propias estructuras agrarias.
Obviamente este longo cercado o que chamaremos "O CURRO VELLO" estaba marcado e orientado polos cauces fluviais que  condicionaban a sua ruta.
Nos límites deste gran Curro Vello figuran asentamentos. Asi pois a 100 m no sul fica o Couso da Chaira dos Penidos; no centro, rodeando a estructura nova situase unha rectilínea estructura de plantas circulares, propias dun asentamentos, a modo de povoado situado xusto a beira da nova estructura, marcando o círculo da mesma , e deixando o resto como un extenso patio cara o rio Vao, con o que  marca unha pequena e frondosa selva. Ali víramos marcas nas pedras que continúan neste lugar. 
Xa para finalizar, existe un novo Couso, o que chamarémoslle "das Barreiras" e , como o seu nome indica fica colgado nun Couce do mesmo nome. 



No alto da Pena Teixeira ( arriba a dereita ) podemos ollar a longa chaira "oriental norde", cun peche circular no seu centro.

Observade un circulo no centro da imaxe. De certo , nas bisbarras do Prado das Chantas obteremos mais sorpresas...

Nesta área intransitable  e pantanosa existe unha estructura alongada e circular . Penso que deberiamos atopar mais construccions arcaicas con relación total coa Cultura do Gando nesta extensa bisbarra que gardan o cauce do Rio Vao.

Àrea pantanosa situada diante do Outeiro dos Penidos. O nacente rio Vao actùa de confluenciadesta àrea con as primeira estribaciòns.



                              2.- CHAIRA  ORIENTAL SUL

.
 ( dende o sul dos Asentamentos do Prado das Chantas ate Pena Teixeira). ( marxe esquerdo do Vao)

Na Àrea " liberada" de monte baixo e "a prado" definirèmola como o centro neuràlxico do contido deste 4 blog. Podemos ollar o Prado das Chantas(norde), o Couso da Lagoa (centro) o rio Vao (limite sul)...
É o segmento Oriental Sul, que desenrolaremos na Zona 11.




3.-  CHAIRA OCCIDENTAL NORTE 
 ( Dende o Povoado ate a Pena que Fala). ( Marxe dereita e inicial do Vao).
 Esta Chaira Occidental Norde témola desenrolado  nas suas terras altas na zona 5 e a sua parte final o faremos na Zona 9 . Os Povoados das suas terras baixas volo amosaremos na seguinte paxina 24.



                          4.- CHAIRA OCCIDENTAL SUL  

(Dende a Pena Teixeira ate o final da Mina ( marxe esquerda e berce do Vao).


Unha vez pasada a Pena Teixeira presèntase unha forte ringleira de penas, cecàis restos dun peche.

Esta limitada ringleira tèn a particulariedade de describir unha liña recta. 


O Camiño Primitivo avanza pola parte superior da Chaira en direcciòn a Mina. 

O Camiño vai pola parte superior da imaxe. Hai pouco, limparan unha boa extensiòn de terreo sen atopar ningunha pegada circular.


A grande àrea limpada. O Camiño Primitivo a atravesa polos seu limite norde dende a Pena Teixeira  ate a àrea da Mina, para bifurcarse cara o Forcòn ( esquerda), seguir recto cara os lìmites (Monteiro) ou baixar cara os asentamentos do Rio Vao.

Vista xeral da Mina. Na parte superior, as terras altas do Forcòn. No sul, os berces do futuro Rio Vao. Na dereita, os Prados do Monteiro.

    





No hay comentarios:

Publicar un comentario

52.- ( Zona 12 ) PEDROUZOS ( XENERALIDADES )

                                                          PEDROUZOS Casoupa típica destas Áreas en Pedrouzos . Hai un ano desfixéronna....