jueves, 27 de febrero de 2020

35.- ( Zona 8 ) PADORNO . (1) XENERALIDADES

                        CHAN DE PADORNO

Para tèr unha ideia mais amplia desta zona 8, engadìmoslle espazo da sua bisbarra. Asì temos abaixo a dereita, a ,"entrada oficial" o recinto do Padorno ; arriba a dereita a pista que vsi a Esqueira ( onda a Fervenza de Torez).

Añadir leyenda





B) XENERALIDADES

Dada a sua importancia , aumentamos as Xeneralidades propostas cos seguintes puntos.

a) SÍNTESE

Poderíamos definir o Padorno , na sua "Granda Vella", como unha extensa chaira franqueada Polo leste polo Navallo; oeste polas chairas do Prado das Chantas; e norte, polo Rego Vao e polo sul pola Pena Moura, atalaia que garda a entrada o Val dos Penidos dende os dous camiños que suben partindo das Pardellas ( O Navallo) ou dende Pedrouzos ( onde ate os anos 50 celebrábase o Curro da Rapa das Bestas para xá no 1988, trasládase a Granda Vella , Xesta Ca do Padorno o novo emplazamento do Curro da Rapa das Bestas) que atravesaba o Casal do Sabocedo ( lugar oficial da Rapa dende 1950 ate o 1988), chegando a Granda Vella, Xesta Ca e a Rega de Feal, onde definitivamente enclavóuse as estructuras para o novo curro da actualidade, que vai parello con un Lugar Recreativo provisto de mesas e bancos . Material reutilizado dos esteos e tampas de dólmenes tumulares e cistas que sementaban esta alta planicie.
É pois, esta extensa e històrica chaira é unha extensa necrópolis de diversas culturas, onde o punto neurálxico situámolo na Arca e no Túmulo do Padorno; cruce do camiño que baixa a Esqueira e do que sube cara a Chaira dos Penidos.



b) DEFINICIÓN Independenentemente do lugar anexo do Sabocedo, o Chan de Padorno, comprende unha grande chaira que ocupa a parte sulleste da zona dos Penidos. Pola sua situación fora empregada como extenso campo de mamoas, para posteriormente ser zona de Cabanas. Hoxendia subéuse ate esta meseta achairada o Curro dende o Sabocedo, comcretamente dcara a Rega de Feal, onde construiuse , asemade dunha área recreativa con elementos petreos provintes das mamoas desta zona.,

c) LIMITES

Polo sul con a area do Castro de Recaré, que hoxe ocupa a Iglexa de Santomé
Polo Oeste, con a área do Sabucedo coa sua Pena Moura , e os outeiros ( circulo do arbol vello) ós que circunda o camiño vello de acceso ós Penidos dende a aldeira de Pedrouzos.
Na zona Sul Oeste baixase cara o Navallo.
Polo Norde, o rio Vao separa a chaira dos outeiros das Parañoas, e Coto de Fernando Orella, xunto con a ona da Veiga Mol.
Polo Leste, o mesmo rio Vao vai circundando os limites, separando a zona de acceso o mosteiro da Santana e as diferentes baixadas cara as depresións do rio Vao, por diferentes camiños, que nos seus derradeiros tramos (Esqueira) tén uns escalóns pétreos a modo de escaleiras.

d) UN POUCO DE HISTORIA
Hoxe no Chan de Padorno, concretamente na Rega de Feal, tén acougo as instalacións do Curro que cada primeiro domingo de agosto celebra a tradicional Rapa das Bestas organizada pola Asociacion de Montes Veciñasis de Mancomun XESTA CA e GRANDA VELLA, onde uns 250 animais son acurrados e marcados na presencia festiva dunhas 2000 persoas.l A consruccion do actual Curro data do ano 1988, sendo deseñado para que asemade do manexo das bestas bravas, sirvan para o saneamento do gando bacún. Antigamente a Rapa das Bestaas celebrábase en Pedrouzos, nos currais e pendellos das casas, onde xuntaban as greas de Cadramón, Fresulfe , Vilacampa, Santomé e Recaré. Xa nos anos 50 trasladárase o emplazamento do Curro ate o lugar do Sabocedo, uns 400 m mais arribva de Pedrouzoa, para posteriormente no 88 , facelo definitivamente as actuais construccións da Rega de Feal, no Padorno. A area recreativa construiuse aproveitando os restos petreos das mamoas da sua bisbarra para reconvertilos en mesas, bancos e superficies para cociñar.

e) DIVISION
Para podermos entender un pouco esta chaira, dividirémolas en 10 partes:

1.- A GRANDE CABANA.- Restos duns grandes habitaculos que fican a caron da pista dos Penidos nos seus comenzos, enfronte o Complexo do Dolmen.
2.- ZONA RECREATIVA DO CURRO.- Zona protexida con vagos indicios de mámoas. Na construccion da mesma destrozáronse grupos de construccions que ben poideran definir o sentido etnografico do Padorno, e mesmo dos Penidos.
3.- CAMIÑO DE ACCESO DENDE PEDROUZOS.- que atravesa a veciña zona do Sabocedo e que chegando a chaira, bifúrcase en varios e fondos sendeiros no pé da zona recreativa.
4.- CAMIÑO A ESQUEIRA.- que tén o seu berce detrás do Complexo Tumular do Dolmen, que vai creando grupo de mamoas e novos camiños.
5.- COMPLEXO TUMULAR DE PADORNO que comprende o Grande Tumulo, as construccions subterraneas que esmorecen no Dolmen, e o propio Dolmen, que está conformado como unha grande cista, ainda a sua tampa a levaran. Cecáis este conxunto tumular actúa de eixo cxeral de tódolos grupos funerarios da zona dos Penidos.
6.- CUNCA DO ECO.- Continguo o Dolmen, hoxe reconvertéuse nun eucaliptal. Ali retumban e fanse eco as nosas voces neste singular tramo con forma de cunca. Podemos adivinar a presenza de algunhas mamoas. Fora deste tramo achairado adiviñamos a presencia de covas, presentimos. Non nos esquezamos delas, pois son parte das have do sentido do habitar dos tempos do paleolitico na zona. Algunhas foran adicadas a mineiria outras como ancesral metodo de supervivencia no duro habitar destas terras altas.
7.- PETROGLIFO DA SERPE.- Sabemos que todo petroglifo que se descubre, o pouco tempo desaparece. Daquela por seguridade mantivéramos as nosas reservas sobor da sua ubiccion real.
8.- MAMOAS DAS MINAS.- Chamadas asi porque n o terreo onde fican estivera adicado a mineriria. Estendense con orientadcion sul leste dende o camipño a Esqueira cara o final de Padorno.
10.- CRUCE DO CAMIÑO A ESQUEIRA.- Cunha pedrafita no seu centro e unha mámoa no seu carón. Neste cruce confluiien o camiño de Esqueira, o que nos leva o Mosteiro da Santana que baixa cara o rio Vao, e o que vai cara os penidos.

Un elemento básico polo que se poderia definir toda a á area de padorno e dos penidos é a auga. Na chaira de padorno hai duas fontes. A primeira fica canalizada en plena área recreativa, ficando a segunda na parte baixa da Chaira xa raiando coa aba da Pena Moura, no Sabocedo, oo principio dun alineamento de ppedrafitas.
Por ultimo acusamos nota da posible existencia dunha fonte vella que fica a 50 m a esquerda seguindo o camiño a Esqueira, xusto despois de pasar o Conxunto tumular do Padorno a nosa dereita.


B.1.1 TERRA


B.1.2- Orografía 
B.1.3 Outeiros.Pena Moura 494 m e bisbarra 523 m
B.1.4..- Chairas.-A maior, no centro da Rega de Feal, en pleno lugar recreativo; a que circunda o camiño que baixa a esqueira,onde atópase unha cova ; e a do Sabocedo, onde obsérvanse varios túmulos.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Prado, monte baixo e eucaliptais
B.2.3. Especies crecemento .-   extensa plantacion de eucaliptus pola sua contorna, agás zonas concretas.

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..-  Non
B.3.3 .-Depresións Grande contorna de baixada dende o Navallo polo leste. Depresion cara o Vao polo oeste.
B.3.4 .- Rutas Non
B.3.5.- Berces.- .-Non
B.3.6.- Fontes.- duas e unha posible terceira

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc..Cercado pechado no lugar do Navallo.
Liñas de marcos e lindes.- Longos e abertos.
C.1.2.- Camiños principais .-  3 camiños fortes parten do camiño principal que ven das terras baixas ( Pedrouzos ) a altura do Sabocedo.
Relatorio posibles xacigos.- Obsérvanse un linde circulares no escomenzo do camiño dende Pedrouzos que o bordea na sua dereita, tamén vemos alteracións compatibles con tumulos o longo do Sabocedo pola sua cara exterior e na parte dereita exterior do complexo tumular do Dolmen de Padorno.

D) TOPONIMIA.- Navallo, Pardellas, Xesta Ca, Rega de Feal, Pedrouzos, Granda Vella, Padorno.

E) XACIGOS

27.- Conxunto tumular do Padorno 8/A/6
28.- Anta e petroglifo da Serpe. A/6
29.- O Navallo ( mamoa e cova ) 8/B/1
31.- Conxunto tumular do Sabocedo 8/C/5
32.- Pènamoura 8/C/3
33.- Casal do Sabocedo 8/D/7
Fonte Vella. 50 m no sendeirao que bate coa principal A/5
Grande Mamoa. A dereita do principal despois da 1 baixada A/3
Pedrafita . No centro do cruce do principal a 30 m do anteerior A/3
Mamoa o caron neste mesmo cruce A/3
As Escaleiras . Camiño escalonado
Grande cabana Restos o caron da estrada no seu remate no padorno A/7
Diferentes restos de mamoas . Area recreativa e bisbarra A 8/9

ELEMENTOS CLAVE

O Camiño Principal que tén o seu berce na parte posteiror do Tumulo e baixa cara as zonas inmediatamente mais baixas, creando grupos de mamoas e outros camiños de acceso.
O TUMULO , que actua de eixo de todo o conxunto tumular da chaira
A AREA RECREATIVA tanto pola sua construccion como pola area pavimentada, as i polos elementos petreos empregados, destroxouse esta parte de chaira, que poderia definir a mesma ( tipos de enterramentos xunto con a sua respectia epoca )
AS MINAS . Desplegadas na aba sul leste-oesteAS FONTES hoxendia reconvertidas e canalizadas
AS COVAS. Algunhaa actuan como medio mineiro, e outras como ancestral metodo de supervivencia no habitat.


                                                As Seccións

Sección A. (Complexo Tumular do Padorno)

1.- Xeografía.- - 
Chaira onde aséntase o curro de Santomé e a sua área recreativa. No norte, a depresión do Rio Vao que garda a entrada dunha zona de abrigo.

2.- Patrimonio.-
Complexo Tumular “O Dolmen”, Ficha nº 27 ( 487 m) que comprende a anta coñecida como “Dolmen”, compatible con unha grande cista, xunto cun canal que sale esta anta polo seu lado esquerdo e continua en liña recta at 50 m. O Grande Túmulo que resulta pola sua parte posterior completa este complexo funerario, que pode ser o centro da necrópolis do Padorno., .
Restos de Antas formando parte das mesas da zona recreativa do Curro de Santomé, e na marxe dereita onde o camiño sube cara os Penidos dende o Chan de Padorno fican algunhas mámoas e restos dunha grande cabana.
Detrás deste complexo, notamos a presencia de máis túmulos, moi destruidos . Ate non hai pouco nun deles resaltaba unha pedra de bó tamaño cun trazo circular en forma de serpe.
O carón do rio Bao, na parte baixa , fica un abrigo.

Sección B.-

1.- Xeografía.-
Parte posterior do Complexo Tumular do Padorno, que chamaremos “Transpadorno” con continuade tumular; ate non hai moito fixérase ali unha enorme plantación de eucaliptus borrando para sempre todo vestixio tumular.
O camiño que vai a Esqueira . A 40 m a dereita bate con un sendeiro que nos leva o Navallo.

2.- Patrimonio.- 
 No final da meseta de Padorno, xá no Navallo, unha segunda mámoa o pé dunha cova Ficha nº 29.
No Navallo existe unha cova de amplia boca de entrada , cunha bóveda de 2 m de alto e 3 de ancho, tendo a mesma unha lonxitude de 8 m. Hai posiblidade que continúe cara abaixo, mais está tapada a zona do chan onde podería ter continuidade.

Sección C.- ( O Sabocedo)

1.- Xeografía.-
Nesta pequena e abrigosa chaira, o pé da Pena Moura, hai unha importante bifurcación do camiño que ven das terras baixas e que é o camiño vello de acceso o gran povoado da chaira das Cabanas, corazón do conxunto de Cousos dos Penidos.
Pena Moura, é un Outeiro vixía tipo “monte-meda” con abrigos naturais e posibles restos de asentamentos na sua parte alta. No seu pé temos un Semicírculo limpo de maleza xunto a tres mámoas visibles que o circundan e dalguns tumulos mais que discurren en toda esta área, xuntamente cun aliñamento, unha pedrafita e os restos dun peche semicircular.
Podemos definir o Sabocedo como unha pequena chaira entre dous outeiros .

2.- Patrimonio.-
Monte-meda chamado “Pena Moura” Ficha 32 con resto dun posible asentamento asi como abrigos naturais. Poido ser o promontorio de vixilancia pois nel domínase os dous camiños de entrada o Val dos Penidos. No seu pé temos un grupo tumular composto dun Semicírculo natural limpo de maleza na sua circunferencia, dando a sospeita que poderia tratarse dun Couso Na sua contorna inmediata fican , tres mámoas , unha pedrafita e Ficha nº 31 .unha longa ringleira de pedrafitas que van dende a contorna da fontem en traxecto diagonal deica o semicírculo/ descrito anteriormente. O carón do mesmo, fican sucesivamente tres túmulos de mediano diámetro .
Na contorna tanto do Sabocedo como da Pena Moura ténse obserevado máis xacigos tumulares.

Sección D.- ( Subida dende As Pardellas)

1.- Xeografía.- 
Suave baixada de niveis dende o alto da Pena Moura, circundada Pista asfaltada , que fai as veces hoxendía de camiño Principal de Acceso a Chaira dos Penidos. Na esqueerda da pista vai os xacigos tumulares do Sabocedo, pola dereita, o nivel baixa forte cara o Navallo e o lugar das Pardellas.

2.- Patrimonio.- 
Fora da relación,antes de chegar as Pardelllas, na segunda curva a esquerda, fica o Túmulo da Pena Moura. Subindo pola pista a dereita atópase un extenso eucaliptal e faise imposible detectar xacigos. Na man dereita fica o camiño de acceso ós Penidos procedente de Pedrouzos e que pasa polo Casal do Sabocedo, onde diante do mesmo , nunha extensa área-curro, realizárase a Rapa das Bestas .


No hay comentarios:

Publicar un comentario

52.- ( Zona 12 ) PEDROUZOS ( XENERALIDADES )

                                                          PEDROUZOS Casoupa típica destas Áreas en Pedrouzos . Hai un ano desfixéronna....