Entramos de cheo nunha das partes mais importantes deste traballo: o mundo etnográfico recollido nos asentamentos humáns do corazón da Chaira dos Penidos , que xunto coa sua necrópolis ofrecerán no futuro un abundoso material de estudo que conleve unha clarificación de diversos conceptos e o descubrimentos doutros novos nesta inagotable Cultura do Gando, que é o "causa belli" desta serie de enormes , novidosos e ricos de matices asentamentos na zona mais abeirada da contorna do Xistral: a Chaira dos Penidos.
En principio , desculpas pola chapuza de mapa. A Chaira dos Penidos abarca dende a marca verde cara abaixo , collendo as seccións B, C e D.
6/79.- O Povoado da Chaira ( chama a atención de ser un povoado aberto, sen cercado)
19.- O Couso da Chaira ( que semella que o abandoaran de súpeto!)
.- Camiño Primitivo ( comunica toda a parte baixa dos dous Penidos.
6/76.- O Couso da Barreira ( colgado en pleno Couce )
6/78- Curro vello da Chaira dos Penidos ( aproveitando o cauce do rio Vao e cercado de protección ( Son varios enormes cercados con esta forma, o cál preséntasenos como un tipo de estructura moi útil cara as diversas circunstancias que se poidan atopar nestas zonas inhóspitas.
Añadir leyenda |
Añadir leyenda |
A ANTA
Sitúase no medio dun amplo couce a poucos metros do Couso da Chaira dos Penidos. |
Sinal inequívoca da grande importancia desta pequena pero moi expresiva zona Occidental-Norte da Chaira dos Penidos |
Sospeitamos que este couce onde está enclavados os restos da Anta ben poideron representar a Necrópolis desta pequena Área abeirada da Chaira dos Penidos... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario