A ZONA 7
Ide Comparando esta carta coa anterior.... |
Abrimos o campo para amosarvos o territorio entre o Padorno (deeeita) e os Penidos (esquerda). |
Finalmente unha composiciòn k fixera hai anos desta zona... |
XENERALIDADES
Unha vez vistos os mapas, cunha axeitada composiciòn de lugar na mente, imos definir esta Zona 7. Unha das mais interesantes sen dùbida.
A )
XENERALIDADES
Situando
como punto de encontro o longo cauce do Rio Vao, que atravesa esta
Zona , no sul atopámonos coa baixada noroeste do Outeiro Teixeira,
parándose da chaira 559 para descender abruptamente cara o leito do
Vao. No Oeste escomenza a forte baixada cara as terras de Pedrouzos.
No
norde, arrodeando o outeiro do Tesouro , formadas chairas corren
lonxitudinalmente de norte a sul formando grandes terrazas; ( a da
Veiga Mol e a das Cabanas).
Unha
serie de fortes camiños primitivos que veñen das terras baixas ,
discurren , baixando cara a Santana o primeiro , indo cara o Povoado
das Cabanas o segundo, achegándose as terras da Lagoa cara o Prado
das Chantas para seguir cara a Fraga das Lerias; seguindo o
principal cara as terras altas do Xistral.
Esta
moi importante Zona toma como punto central de referencia a chaira
do grande asentamento de As Cabanas, ( 2 Cousos), limitando con as
Coruxeiras (1 Couso) as 2 beiras do Rego do Penido e ára de
influencia , xunto os seus vellos camiños de acceso. e a aba norte
do outeiro do Prado das Chantas (antiga lagoa polo sul, e os altos
da Veiga Mol polo norte.
B.1.1 TERRA
B.1.2-
Orografía Terras de baixada cara a
alongada depresión do Vao.
B.1.3 Outeiros.
Altos
do Tesouro (603 m) , altos de Chaos (559 m)
B.1.4..-
Chairas.-A
chaira das Cabanas, lixeramente inclinada cara a depresión posterior
cara o Rio Vao. A
chaira da Veiga Mol pola parte superior do Outeiro do Tesouro,
encaixoada entre éste e o Lombo da Camposa. A grande chaira 559
ocupada pola pista de acceso ós Penidos, e a fluvial chaira o oeste
, formando no norde As Coruxeiras, no centro o leito de achegada dos
diversos cauces fluviais, e no sul as bases da suave aba do Outeiro
Teixeira.
B.2.1
VEXETACIÓN
B.2.2 Tipo.- Conxugase o monte baixo con grandes extensións de prados, misturados con terreos fluviais.
B.2.3.
Especies crecemento .- Non.
B.3.1.- .1.1
AUGAS
B.3.2
.- Cauces e
Concas..- O
principal qiue forma depresión é o cauce lonxitudinal resultande de
diversos regos, que forman posteriormente o Rio Vao. No Sul tén o
seu berce o Pedrouzos, con a sua brusca baixada.
B.3.3
.-Depresións Grande depresión
fluvial do
Rio Vao.
B.3.4
.- Rutas-
En baixada
Noroeste-Norleste.
B.3.5.- Berces.- .-
Rego Pedrouzos (
7/D/7)
B.3.6.- Fontes.-
Duas recoñecidas (
7/C/1 ) ( 7/C/9), posiblemente nos altos do Lombo da Camposa e
Penidos situemos algun afloramento.
C) HÁBITAT
C.1.1.- Cercados,
Marcos, etc..Lindes
de terreos onde antes era o surco do camiño vello.
C.1.2.- Camiños principais
.-
Dous
camiños grandes atravesan esta área de leste a oeste., dividindose
dun tronco común do grande camiño que ven das terras baixas. Camiño
principal de acceso o grande povoado das Cabanas provinte das terras
baixas (por Pedrouzos)
Camiño
principal de acceso a Chaira dos Penido, que pasa a rentes do Couso
da Lagoa.
D) TOPONIMIA.- Cabanas,
Casetas, Chan do Tesouro, Veiga Mol, Coruxeiras,
E) XACIGOS
5.-
Material litico baixo Veiga Mol 7/A/2
20.-
Pedrafita das Coruxelras 7/A/8
21.-
Cousos das Cabanas 7/A/9 e 7/B/4.7
22.-
Couso das Coruxeiras 7/A/8
24.-
Couso da Lagoa. 7/C/7
25.-
Mamoas de Chaos 7/B/9
26.-
Mamoas do camiño grande 7/B/9
Pedrafita
da serpe. 7/C/3
Marco
do cruce do camiño grande 7/C/3
Campo
do Tesouro. A estudar. 7/A/3
25
b.-Posible Couso de Chaos a estudar. 7/B/9
Pena-altar
dos sacrificios. 7/A/5
Pena
zoomórfica 7/A/9
Defensas
do Prado das Chantas 7/D/7
As Seccións
Sección
A
1.-
Xeografia.-
O
final da pista os Penidos sinálanos a dereita o inicio da Veiga
Mol polo
Campo e Altos do Tesouro e
pola esquerda a base do Penido Novo,
.
A pista de acceso ós Penidos divide esta área, partindo en dous o
Círculo Lítico das Coruxeiras. Dende éste e os restos da “caseta”
que fica o seu carón, érguense ruiñas das Cabanas, que nos levan a
unha grande chaira de pasto, cunha leve inclinación cara o leito do
Vao.para a outra beira do rio Vao temos unha sucesión de camiños
vellos que se entrecruzan ( enigmática pedra no cruce) , destacando
o principal que, provinte de Pedrouzos , discurre o carón do Rego
dos Penidos . A 50 m do cruce pola pontella que alí existia,
atopamos unha pedrafita que, a modo de marco sinalizador; tén na
sua cara posterior un trazo compatible cunha serpe. ,
2.-
Patrimonio
Complexo
arqueolóxico das Coruxeiras que consta da sua enorme pedrafita
cuadrangular e área do observatorio, e o Círculo Lítico das
Coruxeiras
Complexo
arqueoloxico das Cabanas con dous Cousos a poucos metros un do outro.
Camiño
forte de acceso as Cabanas con Pedrafita e marco no seu cruce
Área
dos altos da Veiga Mol con depositos liticos,
Sección
B.-
1.-
Xeografía.-
Continuación
da Chaira das Cabanas que baixa en suave depresión ate o Rio Vao.
2.-
Patrimonio.-
.
No
campo de influencia da grande chaira das Cabanas atopamos a pedra
zoomórfica, as tres pedrafitas, a pontella sobre o rio Vao no camiño
que vai a Santana, a zona de Chaos con tres mamoas e un posible peche
circularNo sul , O carón dun dese camiño , no seu tramo mais
alto, despois de deixar o cruce, temos restos de unhas grandes pedras
que nos recordan que poideran formar parte dunhas antas. Ficha nº 26
.
Gran cruce de cinco camiños vellos con pedrafitas e unha grande
pedra tallada no seu centro. A beira deste cruce temos un cercado
nunha terra de pasto onde fican tres mámoas. Ficha nº 25. O camiño
baixa cara o Sabocedo, mais no coto anterior a 50 m do cruce
dentantes decrito temos nun pequeño outeiro o “Círculo do Árbore
Vello”.Anexo etnográfico
Sección
C
1.-
Xeografía.
Extenso
lameiro con certeza de estar noutrora moi aproveitado e ocupada as
suas partes firmes.
Na actualidade tén dous manantiais e a zona as poucas fica
encharcada pola sua parte mais baixa.
2.-
Patrimonio.-
Couso
da Lagoa, con estructura habitacional definida e de planta
cuadrangular. No seu exterior , lindando e aproveitandose das suas
estructuras iniciais fica restos da planta dunha cabana . Unha longa
canle une este Couso con o Prado das Chantas.
Sección
D
1.-
Xeografía.-
Continuación
do seu da antiga lagoa. Na sua beira dereita viña antiguamente o
camiño de acceso a área do Prado das Chantas. Berce do Rego de
Pedrouzos.
2.-
Patrimonio.-
Moi
posible estructura defensiva do Prado das Chantas. A estudar a chaira
circular dos altos 559, ocupado hoxendía pola pista de acceso ´´os
Penidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario