lunes, 16 de marzo de 2020

47.- ( Zona 11 ) O PRADO DAS CHANTAS ( 1 ) XENERALIDADES

               O PRADO DAS CHANTAS 
                        ( Xeneralidades )


Situamos o Prado das Chantas na subsecciòn A/1





B) XENERALIDADES

Grande aba do Forcón que baixa dende os 600 ate os 300m
.O Rio Pedrouzos corta a aba norleste do Forcón pola metade desta 11 Zona, formando unha grande depresión onde surden varias penichairas, antes de chegar os 400 m o encontro dos lugares de Coutomil.
Na sua vertente norleste polas Seccións superiores ( A e B ) vai formando pequenos descansos e amplas plataformas entre as cales fica o Prado das Chantas, empatando coa pista que ven das Pardellas e vai cara o Escallal , no cruce con Frexulfe xa na parte inferior.
Xa polas seccións ( C e D) e despois dun brusco descenso, empata na gran chaira que o precede ( e que é a porta a grande Chaira do Bico Longo) coa pista que sube o Forcón, via Penido Vello e as Terras Altas provinte do cruce do Escallal, no leste.

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía.- Aba norleste do Forcón partida en dous tramos polo rio Pedrouzos.
B.1.3 Outeiros. 600 m do Forcón os 400 m dos lugares de Coutomil.
B.1.4..- Chairas.-- Suaves e longas ´áreas achairadas na sua parte superior, e entrada a grande Chaira do Bico longo na sua parte inferior.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Prado
B.2.3. Especies crecemento .-   Alguns cotos concretos no leste.

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..- Rio Pedrouzos.
B.3.3 .-Depresións Grande depresión do Rego de Pedrouzos
B.3.4 .- RutasRio Pedrouzos, ruta Oeste-Leste.
B.3.5.- Berces.- .-Non se aprecian.
B.3.6.- Fontes.-  Non. ( proximidade de 2 fontes no norde do Prado das Chantas a 200 e 400 m.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. - Circulares, semicirculares
C.1.2.- Camiños principais .-  Gran cruce de camiños no norde do Prado das Chantas. Hai grande número de sendeiros primitivos. :
Terras baixas.- bastantes camiños menores de comunicación entre lugares.
Terras altas: dende o Prado das Chantas ven un camiño bordeando a aba ate baixar e ir paseniñamente achegandosse a Fraga das Leiras tendo o Couso do Xesto como destiño final.

D) TOPONIMIA.-  Prado das Chantas. Coutomil, Pedrouzos, Picheira.

E) XACIGOS

Prado das Chantas (A1), Castro en Coutomil, estructuras en Picheira, Baer.
37.- Prado das Chantas 11/A/1
Posible couso a 150 m abaixo 11/A/9
Peche circular 1 11/C/6
Peche circular o carón 11/C/5

b)As Seccións

Sección A.-

1.- Xeografía.- Penichaira suave na parte superior, que alberga o Prado das Chantas coa sua grande extensión moi protexida das inclemencias do tempo. A aba do Forcón baixa con forza formando a depresión norte do Rego de Pedrouzos.
2.- Patrimonio.- .-

11/A/1.- Conxunto do Prado das chantas. ( ficha 37) grande asentamento feito a partires do Neolítico fica a 650 m de altura nunha acotada chaira moi ben abeirada dos elementos atmosféricos tendo unha extensión de 300 m. Contrariamente os seus oito peches similares que fican na sua contorna, contén moitas das pedras que conforman unha planta completamente distinta da que observamos nos oito restantes con moi marcados restos das suas defensas, fosos, etc.
11/A/9 .- Gran peche circular a 200m sul. a poucos metros de Coutomil.
11/A/6 .- Estructura.
11/A/4,7.- Ruta do Camiño Primitivo que une os Cousos do Xesto con o do Prado das Chantas.

Sección B.- .
-
1.- Xeografía.- Baixada escalonada cara Coutomil ( contorna ovalada ) e a estradiña de Pedrouzos a Baer
2.- Patrimonio.- .- Posible asentamento . Chaira de Coutomil. Lugar non estudado.

Sección C.- .-

1.- Xeografía.- Baixada escalonada formando a depresión sul do Rego de Pedrouzos. Entrada da grande Chaira do Bico Longo ( 7, 8, 9)

2.- Patrimonio.- Nesta “porta de entrada “ a grande Chaira do Bico Longo observamos unhas estructuras que poden dar forma a un peche ovalado compatible cun Couso, dando paso moi posiblemente a outras estructuras similares que ocuparían esta Chaira do Bico Longo.
Curso do camiño primitivo que une os dos Cousos do Xesto con o do Prado das Chantas.

Sección D.-

1.- Xeografía.- Altos da Picheira. Baixada escalonada. Depresión do Rio Pedrouzos.

2.- Patrimonio.- .- Penichaira 519m con a ubicación dun muiño eólico. Na sua bisbarra, prolongación da Chaira do Bico Longo apréciase indicios de novos peches.

Nas seguintes entradas informaremos o descuberto na sua bisbarra inmediata, xa que chéganos a pouco presentarvos este asentamento como unha simple liña pechada e circular de pedras chantadas. Nada mais lonxe que iso. Estamos diante de algo moi grande que , como simples aficionados, se nos escapa, pero que podemos intuir que pode definir moi ben a vida nestas altas terras do Xistral dende épocas primitivas. 
Proba delo son os numerosos achádegos descubertos na sua bisbarra inmediata que por tér adicación a través dos séculos e das Eras a Cultura do Gando, foran reutilizadas e moi respetadas polos descendentes que aquelas xentes que a principiaran ate os nosos días. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

52.- ( Zona 12 ) PEDROUZOS ( XENERALIDADES )

                                                          PEDROUZOS Casoupa típica destas Áreas en Pedrouzos . Hai un ano desfixéronna....