martes, 17 de marzo de 2020

48.- ( Zona 11 ) PRADO DAS CHANTAS ( 2 ) ASENTAMENTO ( 1 )

CONXUNTO DO PRADO DAS CHANTAS 

Ate hoxe , naide se atrevèu a investigar oficialmente esta grandiosa estructura, por temor a incomodar as Autoridades da materia, ou de correr risco de excomuniòn; intuindo o k ian atopar. Nos sì o fixemos, e creemos ( ponendo o exemplo de Grimspount , en Dartmoor) que fora un gran poblado ...cun arco de antiguedade entre o Bronce e anteriores. Obviamente tanto esta àrea como o resto da sua contorna estiveran povoadas xa dende o Neolitico, sendo a Area do Xistral como unha das mais meirandes dentro da Cultura do Paleolitico.

 A CHAVE DA SERRA DO XISTRAL

Como xá dixéramos anteriormente os chamados por nós ( con risco de equivocarnos ) COUSOS,  son unha constante en moitos lugares da nosa terra. Uns fican debuxados nuns terreos quasi improductivos, os que somentes podemos ollar na sua totalidade dende o ár.

Entrar a definir cientificamente a finalidade especifica para o que foran construidos sen tér realizado unhas catas urxentes sobor do seu terreo poderíamonos dar unha concepción equivocada sobor todo o conxunto . Compre ir paso a paso aportando datos, dende a  propia definición de Cousos ate a sua "sempre presumible" concepción como granxas que dende o Neolítico espallaran a nosa terra.

Para escomenzar imos ollar a cantidade , que xunto co seu tamaño e ubicación nos poda “situar” na escea que queremos investigar. Estamos a falar dun mobiliario de supervivencia, non dunha necrópolis, que aunque ambalasdúas son necesarias para situarnos, a finalidade da sua ubicación son distintas.
Ate o momento temos identificado tan só dentro da contorna dos Penidos, nove Cousos e varios "Curros Vellos"  como exemplos a estudar, os cales tiñan unha clara finalidade amparada pola xa explicada no blog 1 , da " Cultura do Gando".

Definíramos todo o relativo a Cultura do Gando do Neolítico en diante no noso primeiro blog: 
https://preliminaresdaserradoxistral.blogspot.com/ 

O realmente abraiante é que atopámonos con nove  círculos líticos/Cousos nunha curta extensión de terreo, os nove  cunha quasi-idéntica forma na sua planta, adoptando a forma circular nunha das suas mitades, para seguir con trazos rectos (cós ángulos redondeados) na sua outra mitade
Todos, agás o Prado das Chantas, que adopta outra forma, conxuntamente coa estructura quevfica a poucos metros, compatible con outro tipo de Granxa ( Paul Petit).
Do que imos arestora a tratar de aportar un cachiño mais de luz, agardando a sua posta valor oficial dos que teñen obligacion de facelo....

Quero dende eiqui acordarme das persoas que inzaran estes letreiros, algo k deberia telo feito o propio Concello.


 a) Situación e contorna 

Situase na abeirada parte alta da area reservada a prado deste suave outeiro e atoparedelo na metade da imaxe a dereita.


b) Planta


A planta racha completamente co tipo comun de planta dos outros Cousos, tanto dos Penidos como fora deles.


Tempo atràs, como pasara nos Cousos das Cabanas, reconvertiran parte do seu mobiliario para contruir habitaculos pechados , que a modo de Cabanas, pulularan estas terras. Antiguedade das mesmas? Posiblemente dende a Idade do Ferro en diante. No noso Prado das Chantas tamen o fixeran. Tedes os restos na arboleda da parte centro-esquerda da imaxe, dentro do recinto.

Sen dubida, esta parte e a mais pobre en canto a mobiliario. Diante do mesmo èrguense as estructuras do k deberan constituir das defensas desta...cidade do Bronce?

Dividimos a estructura en 20 grupos pètreos, cunha espaciosa e xenerosa contorna de  habitabilidade de 9600 x 8100 m.


c) Apuntes técnicos 


Profundizando, imos analizar meticulosamente cada pedra chantada.













No hay comentarios:

Publicar un comentario

52.- ( Zona 12 ) PEDROUZOS ( XENERALIDADES )

                                                          PEDROUZOS Casoupa típica destas Áreas en Pedrouzos . Hai un ano desfixéronna....