sábado, 18 de enero de 2020

14.- (Zona 4 ) A SANTANA ( 5 ) UN CASTRO NA SANTANA?


              UN CASTRO NA SANTANA ?



Entra dentro das nosas posiblidades que esta abeirada zona ben protexida e con uns accesos inexpugnables polo leste  estivera fortificada e obviamente habitada na idade de Ferro e incluso na do Bronce. Imos ver o que temos, e decidirán os entendidos. Velahí a nosa hipótese. Imos escomenzar vendoo todo no seu conxunto:
Vista xeral do outeitiño da Santana con as suas caracterìsticas a detallar:
Dereita: gardando os limites do Leste, os murallòns naturais coa sua entrada entre dous pequenos outeiros.
Centro: Dentro do recinto: unha pequena elevaciòn. A sua esquerda fica unha liña proctectora que nos tempos do Mosteiro fora ocupada por fortes muros.


Fixádevos agora na entrada a Area total entre os dous outeiros-vixias  ( obviamente con cazoletas. Non podia ser menos!)...


Vista traseira dun dos dous Outeiros ( Fernando Orella?) que franquean o camiño de entrada o recinto habitacional 

No fondo, o lugar das Cavernas,. En primeiro termino, o curuto ( con as suas cazoletas de bó tamaño)  dun dos dous outeiros que franquean a entrada o camiño que vén bordeando as fervenzas do Rio Vao , dende as terras intermedias de Esqueira. Pola sua forma e fondo,o camiño tórnase primitivo e ... histórico.


Añadir leyenda  Vista xeral da contorna de entrada no recinto da Santana. No fondo,o camiño que ven de Esqueira a piques de chegar o cruce da pontella e de bater con estrouto camiño que ven dos Penidos.  No fondo esquerda da imaxe vemos a pista, xa en franco descenso cara Esqueira. Os eucaliptus do centro e dereita da imaxe nunca nos deixaron investigar o seu chan e comprobar a existencia de covas. O lugar chámase As Cavernas.




Baixando polo camiño principal, deixamos atrás o recinto da Santana para chegarmos o rego Vao. Ali podemos ver o aspecto que poderia tér a anterga pontella, hoxe en ruiñas..



Seria bó facer un estudo delas... mais as fotos as sacáramos hai mais de 10 anos, e o lugar hoxendia está irrecoñecible. Casi nin te enteras que pasas por riba dunha ponte !!



A ponte, de formigón, é un apaño para o paso dos tractores cara as leiras de traballo... algunha hai !! nesta inmensa plantación de eucaliptus. Na foto vemos o camiño cara A Santana a dereita e o principio do camiño que sube cara os Penidos a nosa esquerda. Verémolo mais claro na foto inferior.

Os tres camiños : o que sube cara a Santana ( parte superior a dereita), o que sube cara Os Penidos ( parte superior esquerda) e o que baixa cara Esqueira ( o que vén cara nós!)


Como intuiredes, o camiño que baixa cara Esqueira é moi pronunciado, forte e dificil . Antiguamente chamabanlle " As Escaleiras" xa que tiña tramos rebaixados a modo de escalons no seu firme de rocha.

A mesma subida das Escaleiras, pero esta vez dende a parte superior.

     A ENTRADA A ÁREA INTERIOR DO RECINTO 
( croa si tratárase dun Castro, ou posteriormente Cenobio do Mosteiro da Santana)

Área de entrada no recinto do Cenobio; unha vez franqueados os muros,poderiamos decir que estamos dentro dos terreos propios do Mosteiro ... ou da hipotética Croa se se tratara dun asentamento do Bronce ou do Ferro

Entrada principal e oficiosa do recinto; o espazo abrironno para anchear o antigo camiño de carro existente nese lugar; mais hoxe iste convertéuse nunha pista cun firme reforzado a conta das grandes pedras que circunvalaban este lugar, e deran de contido o seu interior.



A unica área de doado acceso a esta chaira da Santana é vindo dende Vilacampa ( A Sabugueira). A Área que nos queda é a que vai cara as terras altas dos Penidos via Parañoas, Silvosa, etc. que acompañan o resto das fotos que preceden. A destacar esta pedrafita enclavada no curuto do outeiro que protexe a Santana pola sua cara norde.

No alto do outeiro esquerdo da Santana. Ali atopamos una especial pedra fitana no medio da finca da dereita, e  que poderia tratarse dunha reconversión dunha pedrafita.

Esta Pedrafita non é demasiado destacable, mais como todas as que asi se chaman, están enclavadas nun lugar especial. Neste caso no alto do outeiro que separa a Santana dos Penidos

Polo demáis, non lle notamos nengunha marca especial.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

52.- ( Zona 12 ) PEDROUZOS ( XENERALIDADES )

                                                          PEDROUZOS Casoupa típica destas Áreas en Pedrouzos . Hai un ano desfixéronna....