martes, 14 de enero de 2020

12.- (Zona 4 ) A SANTANA (3) . O CENOBIO E OS SEUS MUROS


O CENOBIO E OS SEUS MUROS 
Todo conxunto arqueolóxico teñen os seus camiños de acceso que, aparte de identificalos e clasificalos, denotan a importancia dos mesmos. A importancia do Complexo arqueolóxico da Santana  vén xa definida pola situación e polas referencias exteriores.
Non falamos eiquí dun simples cenobio ou dunha grande área protexida de referencia do que fora un Mosteiro ... falamos do que houbera antes e que fora evolucionando en diversas etapas ate a sua desaparición total. Só quedaran as pedras, que foran aproveitadas pola comunidade monacal ou pola simple viciñanza.
Neste blog falaremos de todas as posiblidades. Hoxe eiquí tócanos o que fora un exquisito Cenobio da primeira etapa do cristianismo con os seus limites moi ben delimitados por grandes muros dispostos lonxitudinalmente ou  por dous circulos concentricos, situando no seu centro xeográfico os complexos habitacionais.



 A) A ZONA SUL
Vista xeral de toda a contorna do sul dos limites do Mosteiro que poderiamolo definir como a chaira existente entre a liña de murallòns que gardan a primeira  entrada  e os muros interiores que gardan o interior habitacional ( Croa) do Mosteiro.

Vista da chaira descrita. Ò fondo, os muros.

Hai 2 anos fixeran na contorna do Mosteiro unha limpeza ...dise xeito.

Nesa limpeza , levàranse por diante pezas indispensables...

 B)  DOBLE CIRCULO CONCENTRICO E MUROS INTERIORES
A Àrea Monacal esta a moi ben gardada por gruesos muros o longo das suas 2...3? liñas concèntricas.

Paso interior. Imposibles as pescudas detalladas tal como teñen o chan.

A fàbrica seca dos muros gardan gallarda mestria.

Os muros interiores  adoitan formas circulares.

Detalle da fábrica . Intuimos que á chegada dos monxes , o tiveran moi doado dada a cantidade de pedras existentes nesa contorna... restos dun  castro ??

 C) CENTRO HABITACIONAL DO CENOBIO

Recordade mirar o Google maps ( ide o centro fos dous circulos concentricos) e o lugar de baixada...na foto, a dereita.

Estado actual dos habitaculos interiores.

Detalles.

Foto feita hai 7/8 anos.

Detalle interior.

Detalle exterior.

Neste lugar, a vexetaciòn cambia.

Detalle muros exteriores
Detalle compartimento interior


Detalle interior


Detalle àngulo exterior.


A PIA DA CARA SUL 


Na cara Sul atópase esta pía a medio rebaixar . Está tronzada con inscripcións notables nunha das suas caras laterais nomeando a SANT ANA.  Para achegarvos cara ela ide pola contorna do muro lateral dereito dende a entrada. O torcer cara o sul o muro, fica non moi lonxe, casi o carón do muro con outro bó surtido de penas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

52.- ( Zona 12 ) PEDROUZOS ( XENERALIDADES )

                                                          PEDROUZOS Casoupa típica destas Áreas en Pedrouzos . Hai un ano desfixéronna....