O COUSO DO PENIDO NOVO
|
O Couso sitúase na cota 697 (2/D/6) Zona 2, Sección D, Subsección 6.
. |
|
A dereita temos o Complexo pètreo (que en adiante chamarèmoslle "Atalaia"). A esquerda os grandes afloramentos "das antenas", e no medio a grande plataforma do Couso. |
|
Fixàdevos no espazo elexido polos nosos devanceiros para erguer o Couso. Todo indica telo creado no periodo de transicion entre o Paleolitico e o Neolítico, ampliando e anovando asì o hàbitat creado arredor da Atalaia. Toda unha lecciòn històrica!!!
DEFINICIÓN
Adentràmonos nùn dos mais sobranceiros achàdegos nos Penidos, descoñecido ou esprezado polos historiadores.
O Couso do Penido Novo ( ficha patrimonial numero 3) , respondendo a familla das grandes granxas que inzaron estas terras a partires do neolìtico e que nòs chamàmoslles "Cousos"; è un asentamento de forma circular, enclavado nunha chaira , posiblemente dentro dunha plataforma artificial no seu pé, a beira do regato. Tén unha base abeirada por un conxunto de grandes penas que pola sua privilexiada situaciòn conforman un perfecto conxunto de Refuxio/ vixia, con varias pedrafitas na sua parte posterior. Nòs dàmoslle a maior antiguedade: Paleolìtico. O interior dese conxunto alberga (asemade de unha vista xeral de todo o contorno) varias cazoletas de grandes dimensións.
A este Complexo chamarèmoslle "A Atalaia".
|
|
Vista xeral da Atalaia o caron da muralla sul do Couso. |
|
En primeiro termo, restos da muralla. No fondo fica "o Durminte dos Regos".
|
A ATALAIA
Despois desta primeira visión en conxunto, imos entrar en detalles dividindo este estudo en :
1. Miradoiro.
2. Bases pétreas
3. Entrada principal.
4. Interior ( chan , cazoletas e marcas )
5. Patio interior.
6. A estructura da Atalaia. ( Pena maior, zona intermedia e recheos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario