viernes, 3 de enero de 2020

6- ( Zona 3 ) VEIGA MOL (1). XENERALIDADES

Para situarvos , identificamos a cota 529 (arriba) como o cruce de camiños de acceso a areas intransitables hoxendia. Na cota 578 ( atalaia privilexiada) fican As Parañoas. Cara o seu leste tèn o seu berce un camiño primitivo,  moi abeirado artificialmente, que baixa cara a Santana. Na cota 602, o final do cordal do Campo do Tesouro. O tèrmino ("A Santana") que figura no mapa è un erro cartogràfico.




                                       III.- VEIGA MOL


A) DEFINICIÓN
Lugar intermedio entre o Penido Novo e a Área de influencia do Mosteiro da Santana. Tén duas partes ben definidas: a baixada suave e escalonada do Lombo da Camposa e as terras baixas , productivas ( Veiga Mol) que baixan  cara as chairas da Santana , atravesando en franco descenso as pequenas elevacións do Campo do Tesouro o caròn de duas pequenas depresións fluviais.


Grupo pètreo no Bico da Camposa

A aba do Bico da Camposa vai morrer os pès do extremo da grsnde chaira da Silvosa

Penas traballadas no Bico da Camposa



B) XENERALIDADES


B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía .- Aba do Lombo da Camposa que confluie coas chairas terminais da Silvosa polo norte, as Parañoas polo leste, Campo do Tesouro polo sul.
B.1.3 Outeiros de 705 m a 530m en baixada.
B.1.4..- Chairas.-Chaira da Veiga Mol e continuación cara unirse o fondo coa Chaira da Silvosa.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte baixo e prado.
B.2.3. Especies crecemento .-   Plantacións de eucalipto.

B.3.1.- .1.1 .AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..Dous pequenos cauces fluviais.
B.3.3 .-Depresións.- duas suaves no leito dos dous Regatos.
Súbitos accidentes de terreo.- Promontorios no medio da Veiga Mol, susceptibles de habitat.
B.3.4 .- Rutas- Seguindo o sentido dos grandes camiños.
B.3.5.- Berces.- 3/B/2 e 3/D/6
B.3.6.- Fontes.-  Moi posibles.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados.- Existen sendas estructursais. Cercados longos e rectos.

C.1.2.- Camiños principais .- Camiño norte sul que atravesa Veiga Mol e forma cruce co camiño leste-oeste cara as Catedrais 554 e 548

D) TOPONIMIA.-  A Santana, Veiga Mol, Lombo da Camposa.

E) XACIGOS.  (Resumen)

No Lombo da Camposa. diversos conxuntos de abrigo., varias pedrafitas .

Na Veiga Mol existen  diversas grandes pedras separadas e abatidas, susceptibles de ser tampas, pedrafitas, ou esteos. Tamén obsérvase lixeiras estructuras circulares preto das Parañoas que denotan a presencia dun Couso.
As Parañoas.- Véase en sección D.





 Sección A.-

1.- Xeografía.- Bico da Camposa. Fin do Lombo da Camposa. 
2.- Patrimonio.- Diversas  penas de interese espalladas.






O pè das abas do Bico e do Lombo  da Camposa  limita por fin as estribaciòns dos Penidos coas terras baixas da Santana e Sabugueira, xa en terras de Vilacampa,( dereita). O outeiro das Catedrais fica zaa esquerda.

Sección B.
-


1.- Xeografía.- Baixada cara a Veiga Mol en forma de Couce entre duas depresiòns. Baixada cara a parte posterior da Silvosa, enfilando o outeiro "das catedrais". 
2.- Patrimonio.- 13B Conxunto Pétreo " da subida do rego". Conxunto das Catedrais.

A Confluencia entre o Lombo da Camposa e a Veiga mol, contorna  ateigada de grande cantidade de penas traballladas de boa dimensiòn espalladas en grupo ou solas, semiocultas pola vexetaciòn.

Sección C
.-

1.- Xeografía.- Lombo da Camposa-leste.
Veiga Mol.. Zona de pasto, posiblemente fora unha lagoa cunha illa na sua beira que hoxe contén algunhas pedras traballadas , o cál dános a ideia da presencia dunha estructura habitacional.
Na Veiga Mol onde fican numerosas pedras de aristas traballadas moi espalladas e contén diseminado pola sua área o seguinte mobilia

2.- Patrimonio.-
Posible peche ovalado compatible con a ubicación dun Couso
Fichas 4, 5, 6, 6B

A Dama

Sección D
.-


1.- Xeografía.- Continuación da chaira da Veiga Mol. Outeiro das Parañoas .(578m). Outeiro-vixía (602 m.) , e baixada cara o “Conxunto Pétreo da subida do Rego” por un camiño profundo e vello.
2.- Patrimonio.- Fichas numeros 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 13A



…………………………………………………..



                                                              XACIGOS.- DETALLES

4A. Material litico no alto da Veiga Mol a poucos metros da entrada, Conxunto da grande anta esnaquizada composta por Ficha nº 5 duas pedras chantadas. A curta distancia atópase unha tampa de considerables dimensiòns.

5A Material litico do baixo Veiga Mol

6A Pedrafitas das Camposas

6B 1 grupo litico do Lombo da Camposa Segunda Pedra Cuadrangular. Duas pedrafitas abatidas

6C 2 grupo litico do Lombo da Camposa Posibles Pedrafitas abatidas de perto dos 3 e 5 m. Ficam no medio da zona de pastos na compaña de outras pedras diseminadas. Asento de Camba e abrigos.

7A.- As Parañoas.-As penas superpostas conforman unha cavidade na parte inferior de 5 metros de ancho por 15 metros de longo aproximadamente.

8 .- Nesta cavidade, no seu chan pétreo fica un petroglifo: unha cara redonda con os ollos e a boca. Aprécianse debaixo da cara uns trazos que a  identifican como unha figurx femenina.  Chamámoslle provisionalmente “A Dama”. 

Arredor da cota 578 temos cavidades na terra protexidas por penas de bó tamaño. Na cume deste outeiro, as cavidades nas rochas son anchas e profundas , semellando pequenas covas en rocha.. Na entrada do primeiro dos dous grupos pétreos temos o petroglifo dunha cara. e talle femenino. Bautizámola como A Dama. Na sua bisbarra inmediata observamos coviñas e surcos en paredes laterais.
Coronando esta estructura temos o Outeiro “Abaladoiro”, chamado provisionalmente así polos dous sombreiros en equilibrio que coroan os dous curutos das duas formacións ( a das Parañoas e a sua xemelga o seu carón) rocosas que enchen a cume do outeiro.

8A Na sua bisbarra oeste temos unha amplia explanada de penas fixas con resto de pedras de mediano tamaño espalladas cunha cruz inscrita, compatible este espazo cunha necrópolis dos primeiros tempos do cristianismo, provintes do mosteiro da Santana, distante a 300 metros cara a base do outeiro.

9A Tumulos das Cabanas

10A A illa de Veiga Mol

11A Conxunto das Ofrendas , composto por unha grande pena natural cuadrangular con chan pétreo e oquedades a xeito de canaletas na sua parte superior; pequenos escalóns de acceso e o seu pé unha pedrafita truncada.

11B Paseo procesional do Penedo das Ofrendas

12A.  Atalaia do Tesouro Na cota 602 , no pequeño outeiro- vixía, temos na sua pena máis outa , e rodeado de cazoletas de grande tamaño, unha cavidade con forma ovalada e aberta tallado en rocha. Na cume abaladoira temos un conxunto que garda o equilibrio.
  

13A Abrigo da subida do Rego Grupo de penedos nun pequeño outeiro , calificámolo como posible asentamento “do rego”. Camiños vellos e fortes que levan a él e posible petroglifo á entrada do conxunto, a unha das beiras do camiño principal de acceso. As terras da sua bisbarra inmediata teñen pegadas de tér sido labradas noutrora.Grupo de penedos nun pequeño outeiro , calificámolo como posible asentamento “da subida do rego”. Camiños vellos e fortes que levan a él e posible petroglifo á entrada do conxunto, a unha das beiras do camiño principal de acceso. As terras da sua bisbarra inmediata teñen pegadas de tér sido labradas noutrora.

13B Couso da subida do rego O final deste chan obsérvanse unhas mámoas xunto con restos dun muro de contorno elíptico

Dende as Parañoas ate empatar co camiño que vai o Mosteiro existe un camiño vello, que polos surcos, profundidade parece importante. No su curso existe unha pedrafita triangular. Neste grande espazo existen surcos circulares, susceptible da presencia dunha Granxa




No hay comentarios:

Publicar un comentario

52.- ( Zona 12 ) PEDROUZOS ( XENERALIDADES )

                                                          PEDROUZOS Casoupa típica destas Áreas en Pedrouzos . Hai un ano desfixéronna....