martes, 14 de enero de 2020

11.- ( Zona 4 ) SANTANA -(2) .- XACEMENTO NEOLÍTICO NA SANTANA ?

A contorna da Santana está borrada polos continuos usos da terra; podese a través da vista aérea establecer os parámetros moi axustados do ordenamento feito nos tempos do antergo cenobio; chamado o Mosteiro da Santana. Iste constaba con dous circulos concéntricos de muros e supoñemos que un terceiro muro que lonxitudinalmente trazaba exteriormente os limites dos espacios ocupados polo Mosteiro.  Nestas duas fotos dámosvos unha ideia do actual tratamento que teñen estas terras, destiñadas enteiramente como campo de crecemento e producción de especies arbóreas de crecemento rápido como os eucaliptus. Na corte da foto superior podese adivinar os espazos xeográficos , depresións, etc. 

Desta pena esnaquizada ,trazamos un exemplo das moitas importantes e reutilizadas pedras que foran trituradas ou destiñadas a formar parte do firme das pistas, etc. Non en ván, o lugar do Mosteiro era coñecido pola xente por " aquel coto onde hai moita pedra traballada"... diste xeito foran desaparecendo do lugar elementos elementais para poder establecer uns parámetros históricos, pero non somentes na época do Mosteiro, senón nas anteriores.

Andamos convencidos que a Santana fora un asentamento moi protexido e abeirado. 

Con calma estableceremos mais información , sempre que nos deixen as selvas en que convertiron estes paraxes de por sí históricos.
 A SANTANA ( 2 )
 XACEMENTO  NEOLÍTICO ?

Detalle da maior laxe do xacemento

Restos do muro

Vista xeral do Xacemento

A PEDRAFITA 
Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda

No hay comentarios:

Publicar un comentario

52.- ( Zona 12 ) PEDROUZOS ( XENERALIDADES )

                                                          PEDROUZOS Casoupa típica destas Áreas en Pedrouzos . Hai un ano desfixéronna....