lunes, 16 de marzo de 2020

47.- ( Zona 11 ) O PRADO DAS CHANTAS ( 1 ) XENERALIDADES

               O PRADO DAS CHANTAS 
                        ( Xeneralidades )


Situamos o Prado das Chantas na subsecciòn A/1





B) XENERALIDADES

Grande aba do Forcón que baixa dende os 600 ate os 300m
.O Rio Pedrouzos corta a aba norleste do Forcón pola metade desta 11 Zona, formando unha grande depresión onde surden varias penichairas, antes de chegar os 400 m o encontro dos lugares de Coutomil.
Na sua vertente norleste polas Seccións superiores ( A e B ) vai formando pequenos descansos e amplas plataformas entre as cales fica o Prado das Chantas, empatando coa pista que ven das Pardellas e vai cara o Escallal , no cruce con Frexulfe xa na parte inferior.
Xa polas seccións ( C e D) e despois dun brusco descenso, empata na gran chaira que o precede ( e que é a porta a grande Chaira do Bico Longo) coa pista que sube o Forcón, via Penido Vello e as Terras Altas provinte do cruce do Escallal, no leste.

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía.- Aba norleste do Forcón partida en dous tramos polo rio Pedrouzos.
B.1.3 Outeiros. 600 m do Forcón os 400 m dos lugares de Coutomil.
B.1.4..- Chairas.-- Suaves e longas ´áreas achairadas na sua parte superior, e entrada a grande Chaira do Bico longo na sua parte inferior.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Prado
B.2.3. Especies crecemento .-   Alguns cotos concretos no leste.

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..- Rio Pedrouzos.
B.3.3 .-Depresións Grande depresión do Rego de Pedrouzos
B.3.4 .- RutasRio Pedrouzos, ruta Oeste-Leste.
B.3.5.- Berces.- .-Non se aprecian.
B.3.6.- Fontes.-  Non. ( proximidade de 2 fontes no norde do Prado das Chantas a 200 e 400 m.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. - Circulares, semicirculares
C.1.2.- Camiños principais .-  Gran cruce de camiños no norde do Prado das Chantas. Hai grande número de sendeiros primitivos. :
Terras baixas.- bastantes camiños menores de comunicación entre lugares.
Terras altas: dende o Prado das Chantas ven un camiño bordeando a aba ate baixar e ir paseniñamente achegandosse a Fraga das Leiras tendo o Couso do Xesto como destiño final.

D) TOPONIMIA.-  Prado das Chantas. Coutomil, Pedrouzos, Picheira.

E) XACIGOS

Prado das Chantas (A1), Castro en Coutomil, estructuras en Picheira, Baer.
37.- Prado das Chantas 11/A/1
Posible couso a 150 m abaixo 11/A/9
Peche circular 1 11/C/6
Peche circular o carón 11/C/5

b)As Seccións

Sección A.-

1.- Xeografía.- Penichaira suave na parte superior, que alberga o Prado das Chantas coa sua grande extensión moi protexida das inclemencias do tempo. A aba do Forcón baixa con forza formando a depresión norte do Rego de Pedrouzos.
2.- Patrimonio.- .-

11/A/1.- Conxunto do Prado das chantas. ( ficha 37) grande asentamento feito a partires do Neolítico fica a 650 m de altura nunha acotada chaira moi ben abeirada dos elementos atmosféricos tendo unha extensión de 300 m. Contrariamente os seus oito peches similares que fican na sua contorna, contén moitas das pedras que conforman unha planta completamente distinta da que observamos nos oito restantes con moi marcados restos das suas defensas, fosos, etc.
11/A/9 .- Gran peche circular a 200m sul. a poucos metros de Coutomil.
11/A/6 .- Estructura.
11/A/4,7.- Ruta do Camiño Primitivo que une os Cousos do Xesto con o do Prado das Chantas.

Sección B.- .
-
1.- Xeografía.- Baixada escalonada cara Coutomil ( contorna ovalada ) e a estradiña de Pedrouzos a Baer
2.- Patrimonio.- .- Posible asentamento . Chaira de Coutomil. Lugar non estudado.

Sección C.- .-

1.- Xeografía.- Baixada escalonada formando a depresión sul do Rego de Pedrouzos. Entrada da grande Chaira do Bico Longo ( 7, 8, 9)

2.- Patrimonio.- Nesta “porta de entrada “ a grande Chaira do Bico Longo observamos unhas estructuras que poden dar forma a un peche ovalado compatible cun Couso, dando paso moi posiblemente a outras estructuras similares que ocuparían esta Chaira do Bico Longo.
Curso do camiño primitivo que une os dos Cousos do Xesto con o do Prado das Chantas.

Sección D.-

1.- Xeografía.- Altos da Picheira. Baixada escalonada. Depresión do Rio Pedrouzos.

2.- Patrimonio.- .- Penichaira 519m con a ubicación dun muiño eólico. Na sua bisbarra, prolongación da Chaira do Bico Longo apréciase indicios de novos peches.

Nas seguintes entradas informaremos o descuberto na sua bisbarra inmediata, xa que chéganos a pouco presentarvos este asentamento como unha simple liña pechada e circular de pedras chantadas. Nada mais lonxe que iso. Estamos diante de algo moi grande que , como simples aficionados, se nos escapa, pero que podemos intuir que pode definir moi ben a vida nestas altas terras do Xistral dende épocas primitivas. 
Proba delo son os numerosos achádegos descubertos na sua bisbarra inmediata que por tér adicación a través dos séculos e das Eras a Cultura do Gando, foran reutilizadas e moi respetadas polos descendentes que aquelas xentes que a principiaran ate os nosos días. 

domingo, 15 de marzo de 2020

46.- ( Zona 10 ) O FORCÓN ( 2 ) A PENA TEIXEIRA E A SUA CONTORNA

CAMIÑOS  PRIMITIVOS  CARA O PRADO DAS CHANTAS

          PENA TEIXEIRA E A SUA CONTORNA

a) O INICIO

Sabido è das comunicaciòns entre os centros de povoaciòn. Dende o Neolìtico, os Cousos estaban moi ben interelacionados entre sì. No Blog 8 falaremos mais destas comunicaciòn e faremos escolma dos csmiños primitivos desta extensa Àrea que nos ocupa.
Neste caso, asistiremos ò tramo intemedio polo Forcòn do camiño interior ( provinte do Chan de Monteiro) entre os Cousos do Xesto e do Prado das Chantas.
Na foto observamos este camiño xa abandoando o Forcòn, enfilando a zona do Prado das Chantas.

...obviamente sen esquecer o camiño grande e exterior que une estes dous grandes centros de povoaciòn do k nos ocuparemos na Zona 11 deste mesmo blog.
Nesta foto observamos os dous outeiros por onde descurre -O Forcòn e a Teixeira- e o leito abeirado k acolle este camiño entrambolosdous outeiros en forma de cunca.



No fondo da esquerda: o Forcòn.
No medio da dereita: o Chan de Montero
No centro: a mina de wolfram, sobre a Chaira dos Penidos.
No centro dacesquerda, o outeiro polo k irà o csmiño interior cara o Prado dasChantas via Teixeira.

 b) A PENA TEIXEIRA

Promontorio estratèxicamente situado comonpunto de observaciòn de toda a Chairavdos Penidos.

As suas laxes incrustadas na rocha danlle un aspecto de fortaleza .

Impresionante aspecto

O csmiño interior atravesa a Pena Teixeira polo seu interior.

Detalles da imaxe anterior.

Detalle dos seus limites e cercados  "amurallados"
                         c) O CONXUNTO ABALADOIRO
No fondo, a Pena Teixeira. En primeiro plano, o " Conxunto Abaladoiro"

O csmiño atravesa o Conxunto Abaladoiro

Detalle do Conxunto Abaladoiro



45.- ( Zona 10 ) O FORCÓN ( 1 ) XENERALIDADES

                         10 .-  O FORCÓN


O Forcón é o inicio das terras altas dos Penidos, representando a referencia e o paso cara os asentamentos da Chaira dos Penidos , o Xesto a Fraga das Lerias, e a grande contorna do Prado das Chantas.

Outra vista do Forcón, seguindo os camiños provintes dos asentamentos primitivos das Terras Intermedias


B) XENERALIDADES



Unha curta estructura a dereita indícanos a sua posible ocupación como punto de observación
O seu chan pétreo indícanos a sua utilidade pasada. Non apreciamos ningunha marca.
No seu curuto, o Forcón ofrécenos unha boa cantidade de laxes espalladas
Fortes laxes ocupan  toda o perímetro no seu curuto.
A constante moits veces repetidas de grandes pedras dispersas por toda unha curta área deixanos ver a ocupación primitiva destes eidos.

Estamos visionando a parte mais visible, o Forcón; punto de observación da contorna.  O seu punto máis álxido sittúase na subsección 2 da sección D con 673 m. A parte final do  Chan de Monteiro ( xa estudada na Zona 9) situámola na Sección A, entre os dous outeiriños 661m e 657 m, onde fica a Cruz de Monteiro e diversos pequenos túmulos. 
A sección C , pouco estudada dada a sua dificil situacion en pendente; non apreciamos novedade ningunha. 
A continuación, imos amosarvos as xeneralidades desta Zona, que poderiamos calificar " de paso" emtre a gramde área do Xesto, coa sua Fraga das Lerias e a contorna do Prado das Chantas.
Finalizaremos esta curtisima descripción da zona do Forcón seguindo o camiño primitivo que leva toda a Sección B, e que pasará por outro punto de vixiancia: a Pena Teixeira. ( 10/D/3 )

XENERALIDADES 


A prolongación no norde da Chaira da Fraga das Leiras ( chamada “ o Chan de 

Monteiro” prolóngase cara o sul ate o Forcón, pasando por unha lingoa que vai cara o leste

 para baixar e bater co Prado das Chantas.

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía Achairada con suaves plataformas cara o sul e leste.
B.1.3 Outeiros.iMina wolfram 663, 672m.Pena Teixeira ( 628, 637 m),673m. Prolongación altos da chaira. 4 muiños eólicos, 665, 6666, 659,
B.1.4..- Chairas.- Chairas altas e longas.


B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte.- Monte Baixo e prado.
B.2.3. Especies crecemento .-   Non.


B.3.1.- .1.1 AUGAS

B.3.2 .- Cauces e Concas..Pequenos regatos no norte moi pretos da mina.
B.3.3 .-Depresións - Depresión da Fraga das Leiras ( C) e Depresión menor do Rego de 
Pedrouzos (B)

B.3.4 .- Rutas-  Rutas cara a Chaira dos Penidos e cara Pedrouzos.
B.3.5.- Berces.- .- (B1)
B.3.6.- Fontes.- Non constan oficialmente, mais intuimos que pode habelas (A/1,2,3) ( B/1)


C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. longas e angulares
C.1.2.- Camiños principais .-  Histórico camiño primitivo polo sul, que cruza esta Zona 10, que, bordeando a Fraga das Leiras, comunica o Prado das Chantas co Couso do Xesto, e camiño que coincide coa actual pista eólica bordeando polo sul o Penido Vello, en ruta cara Sinás.

D) TOPONIMIA.-  Forcón, Bico Longo.


E) XACIGOS


36.- Conxunto da Pena Teixeira (10/B/3)

Aliñamento norde 10/B/

Aliñamento sul 10/B/

Cruz de Monteiro 10 /B

Tres pedrafitas o carón da mina 10/B/2

Conxunto abaladoiro 10/B/3


b) As Seccións


Sección A.-

1.- Xeografía.- Chan de Monteiro; Central eléctrica, Altos da chaira, Mina wolfram 663, 672m.. Zona de pastos alteradas pola creación de canteiras e pistas de un novo Parque Eólico nesta zona. Restos das zanjas abertas para explotación dunha mina.

2.- Patrimonio.- .- O carón da mina fican 3 pedrafitas de pouca altura.Cruz de Monteiro e diversas mámoas. A Pena que Fala.57 . Aliñamento-norte.- 10-15 pedras
58.- Aliñamento-sul.- 10-15 pedras. Resaltamos un grupo de tres pedras xuntas..grande chaira da Cruz de Montero con varios tumulos de pequeño tamaño. Estación central eolica e duas entradas eolicas. Zona de entrada cara a Chaira abeirada dos Penidos pola sua parte fluvial, onde ten o seu berce o Rio Vao.

Sección B.-
1.- Xeografía.- Acceso noroeste, Pena Teixeira ( 628, 637 m), Berce do Rego de Coutomil Zona húmeda que vai baixando suavemente cara a Pena Teixeira e o Prado das Chantas. Camiño vello..

2.- Patrimonio.- .- Conxunto da Pena Teixeira, Ficha nº 36 composto da propia pena e do complexo de varias penas altas e fortes en liña; grande cantidade de penas espalladas na sua bisbarra, compatible cun asentamento.
Conxunto Abaladoiro a rentes do camiño principal .

Promontorio central 666m que divide o alto do Forcón do leito espacioso de entrada cara a Chaira abeirada dos Penidos pola sua parte firme ( existencia dun conxunto de tres pedrafitas, aliñamentos compatibles cun grande Couso , a Pena Teixeira, os restos da miña de Worfram, diversos grandes cons . Curso dos 2 camiños principais que vai o Prado das Chantas dende a Chaira dos Penidos e dende o Xesto.

Sección C.-
1.- Xeografía.- Gran depresión rego da Fraga das Lerias.Aba que baixa cara o Rio da Fraga das Lerias,
2.- Patrimonio.- .- Non consta.

Sección D.-
1.- Xeografía.- Altos do Forcón. 673m. Prolongación altos da chaira. 4 muiños eólicos, 665, 6666, 659, 672m. Saliente achairado que a modo de vixia, garda a parte sul da zona abeirada dos Penidos.
2.- Patrimonio.- Subseccion 9. entrada eolica coincidente con o camiño de baixada do P Chantas Gran afluencia rochosa nas subseccións 8 e 9.


O CHAN DE MONTEIRO  

 Segunda e derradeira parte desta Área

Añadir leyenda

Añadir leyenda
Añadir leyenda
Añadir leyenda
Añadir leyenda

viernes, 13 de marzo de 2020

44.- ( Zona 9 ) O XESTO ( 7 ) DOUS COUSOS A MAIORES?

            DOUS COUSOS A MAIORES ?


Polo menos, así nos parece; e fican na plataforma a dereita do Couso do Xesto ( recordemos que na esquerda do Couso está o Outeiro do Xesto). Están moi pegados a liña que marca lonxitudinal a Fraga das Leiras. Só a través da vista aérea e cunha fotografia dos anos 50 poderemos ollalos. Obviamente, pasou moito tempo e tan só podemos adicarlles unhas imaxenes do lugar que ficaban. 


Na area que fica a esquerda da foto localizamos ese posibles peches


No fondo a Àrea do Bico Longo



Nos dous outeiriños do centro da imaxe. A esquerda, o Couso do Xesto



jueves, 12 de marzo de 2020

43.- ( Zona 9 ) O XESTO ( 6 ) O COUSO

                  O COUSO DO XESTO

a) Situación 
Chama a atención dende lonxe pola sua planta circular de gran tamaño. Perdido nunha zona semipantanosa nas terras intermedias do Xistral continua inalterable saudando o paso dos sèculos.




Creemos que as suas dimensiòn foran acortadas e redondeadas, actualizados e reconvertidos os seus muros en èpocas mais modernas , xa que rachando coa fabrica dos restantes Cousos, os peches non estàn construidos con pedras chantadas.

A sua importante situaciòn revela a estratexiabda sua ubicaciòn: protexido polos innumerables cauces fluviais, sitùase no fondo dun interminable pantano, cun facil acceso a fertil Fraga das Leiras. Obviamente (è o noso lema) non està soio. Mais aùn, calificàmolo como o centro dun enorme asentamento. 

Unha estructura pecha unha parte do Couso e baixa cara o Rio. ( centro da imaxe)
                            b) Panorámica 
Creemos que na parte superior esquerda do Couso existen duas estructuras circulares.

A sua perfecta ubicaciòn deseñanos todo un mundo de características esenciais paraventender a vida  Neolìtico/ Bronce.

E moi tipico k os asentamentos msis arcaicos estèn suspendidos sobre profundas depresiòns.
                              c) O Peche
Os muros de pedra altèrnanse con pedrafitas. A esquerda , o Outeiro do Xesto

Co paso do tempo, a vexetaciòn vai adueñandose dos muros.

No fondo, o Penido Vello.

O relieve irregular denota grandes alteraciòns no chan, ocupado noutrora.

                            d) A Entrada 

Sempre chamàranos a atenciòn esta peeuena pedra chantada no medio da suposta entrada


Algun iluminado botàraa abaixo non hai moito.
                               e) Detalles 
Reutilizaciòns das grandes pedras 

Rebaixes esclarecedores.

Dous pequenos rebaixes na parte superior sirven como referencia cara localizar ou vixiar un obxetivo concreto. Efectivamente, andamos a falar dos axexadoiros.




Pequeno axexadoiro.

Añadir leyenda

Exemplo da compodiciòn actual do peche, dàndolle continuidade e reutilizaciòn a este espazo reconvertido, sempre baixo o denominador comùn da Cultura do Gando.

52.- ( Zona 12 ) PEDROUZOS ( XENERALIDADES )

                                                          PEDROUZOS Casoupa típica destas Áreas en Pedrouzos . Hai un ano desfixéronna....