viernes, 24 de enero de 2020

19.- ( Zona 5 ) PENIDO VELLO.- ( 5 ) A PENA QUE FALA

                                     A PENA QUE FALA

Clàsico observatorio estelar nun lugar privilexiado.  Cecàis marcando,( coa grande pedrafita de 10 m disposta a menos de 100 m) fronteira entre clans.


Iste conxunto poido ser maior. Grandes moles ocupan a sua bisbarra inmediata.


Cara oeste. O acivro ( planta sagrada) crece espontaneamente? no mesmìsimo  centro do complexo.

Cara norde. Estes rebaixes nas penas fixeranse adrede para facilitar o acceso a parte alta? 


Cara norde. O acceso principal a "taboa de mandos do observatorio"

Detalle do acougo do oeste. A esquerda, a "taboa de mandos"Detalle da taboa de mandos ou centro de observaciòn. Fixadevos nos rebaixes na parte superior das cazoletas

Añadir leyenda

Detalle dos rebaixes.

Añadir leyenda

Añadir leyenda


Axexadoiro dende o exterior. Marcando perfectamente leste/oeste.

Axexadoiro dende o interior.

Añadir leyenda

18.- ( Zona 5 ) PENIDO VELLO. ( 4 ) CAMIÑOS INTERIORES POLO PENIDO VELLO

CAMIÑOS INTERIORES DO PENIDO VELLO

Camiños polo interior das abas , aproveitando o desparramada da montaña, que deixa paso a pequenos e anchos escalóns achairados, onde é posible transitar. Estes camiños, ainda que moi desfigurados, tapados e cegados polos grandes desprendimentos de grandes pedras ( ainda non nos explicamos cómo !) siguen intercomunicando lugares moi específicos desta grande mole pétrea.
As abas do Penido Vello están totalmente cubertas de grandes penas , moitas delas traballadas. Frente a isto ofrécenos duas explicacións... a máis doada... restos dun glacial; e a mais complicada... restos dunhas grandes murallas botadas abaixo adrede. O tempo ofrecerános a sua resposta correcta.

50 m antes de bater coa pista cara as cumes.

Inmediatamente despois da entrada

Mesma entrada

Pegadas de carro?

Protecciòn dos laterais do camiño?

Cata realizada de cando a ubicacion dos muiños: Delo detectamos que as capas superiores, agachan novas disposiciòns pètreas.

Covas nas abas do Penido Vello? Refuxios obviamente, mais covas...

P

Añadir leyenda

                     CARA SUL DO PENIDO VELLO 

É a cara máis coñecida, por ofrecer unha boa vista dende as terras baixas, como ún dos soportes do grande Arco dos Penidos.

A sua aba inferior está salpicada de  diversos tipos de asentamentos xunto a construccións protectoras do gando... non obstante andamos nunha das zonas mais protexidas do Xistral como é a Chaira dos Penidos, que adicaremos a paxina seguinte...




jueves, 23 de enero de 2020

17.- (Zona 5 ) PENIDO VELLO ( 3 ) PENA TOXOXA

                                        PENA TOXOXA



Sen visitala siquera,  a Pena Toxoxa antollasenos especial. Agardamos novos descubrimentos cando este ano vaiamos a vela.

Añadir leyenda


Dous enormes conxuntos pètreos avangardan esta protuberancia na aba norte do Penido Vello.

Añadir leyenda

16.- ( Zona 5 ) O PENIDO VELLO.- ( 2 ) O PRADO DAS BALSADAS

No pè do Rego das Balsadas ( na parte central da imaxe) tèn o seu pè a parte sul dun clàsico peche do neolìtico.


 SEGUIMOS COS ASENTAMENTOS EN TORNO O PENIDO VELLO!

Posible asentamento no centro da imaxe. Sen investigar nen visitar.


Terreo moi abeirado polo Rego das Balsadas.No centro/lateral esquerdo da foto onde morre a pista de acceso, fica un interesante deposito, producto da limpeza desta àrea, que o identificaremos como "Deposito A"
No centro/lateral dereito tedes tamen morre un curto cauce con abundante depòsito lìtico, que o identificaremos como "Depòsito B".



                             O PRADO DAS BALSADAS


Pista de acceso o Prado das Balsadas, xusto debaixo da Pena Toxoxa



                                   DEPOSITO A
No depòsito A hai varias penas traballadas , como si formaran parte de unhavestructura no pasado. A destacar unha posible pedrafita.

                                    DEPOSITO B
Xa dende seu  inicio, este curto leito està recheo de grandes e traballadas penas. Velahi o seu berce.

Descanso amplio do leito

Este aluviòn de grandes pedras no curto, seco  e alongado  leito , trasladadas alì pola forza da auga, dà lugar as estructuras feitas no pasado, desfeitas polo paso do tempo e xuntadas de novo pola forza da natureza.

miércoles, 22 de enero de 2020

15.- (Zona 5) O PENIDO VELLO. (1 ).- XENERALIDADES)

                                    O PENIDO VELLO                   

Chegamos a Zona central desta Area de estudo. O Penido vello. Poderiamola sintetizar comounha sucesiòn de cumes baixas espalladas por un cordal onde asentàrase e tomara forma un glacial nas èpocas mais remotas.
Paseniñamente, estes altos foran ocupados, reutilizados e adaptados en todalas Èpocas coñecidas, dada a sua privilexiada situaciòn estratèxica e material petreo apto para a construcciòn espallado por toda a area, o k lle da a esta montaña ese aspecto misterioso.
Neste grabado decidimos incluir unha parte da Zona 6, para asì completar en toda su extensiòn a àrea do Penido Vello.
Dende a lonxanìa chama a atenciòn esa montaña espida do manto verde caracteristico.

As suas abas, desparramadas, gardan prs nos camiños, acougos, covas?, etc...

Na sua base noroeste, un cruce dispersa a pistavque ven das terras baixas do Escallal en tres variantes: a da nosa dereita  que sube as terras altas do Xistral, a do centro, que vai cara Sinas para finar en Zarza e o pequeno desvio cara o Prado das Balsadas, onde morre na dua mesma entrada.

Sintetizamos o estudo desta Zona quinta :
Secciòn A : Prado das Balsadas. 
Seccion B: Pena Toxoxa.
Secciòn C: Grande chaira do Penido Vello.
Secciòn D: fin do cordal occidental co alto 796. Na sua base, A Pena Que Fala.

MITICO PENIDO VELLO


Añadir leyenda


Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda

Añadir leyenda







Para unha maior comprensiòn imos dividir a sua cara posterior en cinco tramos que   ofrecerànnos  a quebrada pista de acceso. Falaremos dos dous vertices do zigzag formadonpola pista ( tramos 2 e 3)



 XENERALIDADES



Compartendo espazo con a Zona 6 e collendo o final da Zona 2; preséntasenos unha gran mole pétrea distinguible dentre as demáis montañas da sua contorna. A sua faz descarnada contrasta con as outras cumes, forradas de verde oscuro.
Nesta 5 Zona imos estudar a parte occidental e central deste misterioso Penido Vello (monte de 796 m.). dividindoo en tramos as suas diversas abas, cumes e pista para situarnos e facelo mais doado de identificar.
A Chaira do Rego das Balsadas polo seu norte e a Chaira dos Penidos polo sul acompaña a esta quinta zona.

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía 
B.1.3 Outeiros Cotas outeiros.- 777, 797, 780, 800, 795, 788, 791. Os niveis do cordal da cume son moi caprichosos.
B.1.4..- Chairas.Chairas.- Esporádicas e curtas o longo das abas, aproveitables para crear algun tipo de asentamento.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte Monte baixo, e prado polas suas bases.
B.2.3. Especies crecemento .-    Non.,

B.3.1.- .1.1 .AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..-  Non. Posible cauce no Prado das Balsadas
B.3.3 .-Depresións – Non
B.3.4 .- RutasNon
B.3.5.- Berces.- .- Non
B.3.6.- Fontes.-  Non

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados.-Inexistentes.
Liñas de marcos e lindes.- Longas en forma de Y na parte superior da Estaciòn   no alto do Penido Vello. Pola parte anterior a anterior non existen.

C.1.2.- Camiños principais .-  Non. Só interiores e moi contados( cidade pétrea)- Polas suas bases circunda o camiño principal, hoxe pista eólica semiasfaltada. Houbera camiños moi antigos polo inicio da aba oeste, a poucos do cruce .

D) TOPONIMIA.- Nos mapas hai un erro. Confunden o Novo co Vello e viceversa.

E) XACIGOS

17.- A Pena que Fala 5/D/9
Depósito 1 na entrada do Prado das Balsadas 5/C/4
Deposito 2 no longo do cauce do Prado das Balsadas 5/A/5


b) As Seccións

Sección A.-

1.- Xeografía.- .- Prado das Balsadas-1 ( final do camiño) + aba Penido Vello ( cara norte occidental )
2.- Patrimonio.-.-Diferentes grupos de pedras de bó tamaño agrupadas a entrada dun prado ( 5/A/5) . Destacamos restos dunha posible pedrafita. No mesmo final da pista e inicio do prado , amoreamento lítico reutilizado, e a 150 m do inicio do prado , leito desecado con abundante fabrica litica apreciable de utilización antiga.


Sección B.-

1.- Xeografía.- Aba nororiental ( 650m) formando pequenas chairas. Oriente do Prado das Balsadas . Pena Toxosa.
2.- Patrimonio.- .- Non se tén detectado ningún tipo de estructura. Ovalo de 726 m altura, en liña con o derradeiro areoxenerador antes de chegar a cume. Pena Toxosa

Sección C.-

1.- Xeografía.- Camiño enteiro. toda a aba oeste Penido Vello . Grande cantidade de pedra soltas compatible cun antigo glacial. . Cruce onde teñen o seu berce pista cara a Zarza pasando por Sinás e bisbarra e a pista que se adentra no Xistral polo Xesto indo a parar a estación eólica. Cruce cara os altos do Penido Vello.
2.- Patrimonio.- .- O final do camiño, no inicio do Prado das Balsadas existe un depósito de grandes pedras moitas delas traballadas. Unha delas posible pedrafita.

Sección D.-

1.- Xeografía.- Aba sul do Penido Vello, Conxunción de pistas eólicas de subida o Penido, que dividimos en 4 tramos. Na cume achairada 2ª apréciase un espazo abeirado entre tres grandes penas.
Dividiremos o seu estudo a través da pista quebrada numerando cada etapa por traxecto segmentado entre os Muiños: Asi teremos os seguintes tramos:
1.- Inicio pista ate o 1 muiño a dereita
2.- dende 1 muiño a dereita ate a curva da esquerda ( zona achairada compatible cun asentamento)
3.- dende esta curva achairada, que chamaremos EMPLAZAMENTO, ate o 2 muiño a dereita.ALTAR
4.- dende o 2 muiño a dereita ALTAR ate 3 muiño a dereita.MIRADOIRO
5.- dende o 3 muiño a dereita MILLADOIRO ate o final.TORRETAS. ( Zona 6)

2.- Patrimonio.-.- “No seu pé fica a Pena que Fala. Ficha nº 17. Posible resto de muralla o ver unha ringleiras de pedras soltas en liña lonxitudinal a estación das que pasamos a enumerar posibles xacigos atendendo a sua numeración descrita anteriormente:
1.- INICIO-1 MUIÑO.- Non se aprecian estructuras.
2.- 1 MUIÑO CURVA EMPLAZAMENTO.- Achairamento non natural na curva do emplazamento a estudar bisbarra inmediata.
3.- CURVA EMPLAZAMENTO- ALTAR.- Diante do 2 muiño a dereita apréciase rocha con marcas e concavidades compatible cunha pena multiusos ou Altar. Rebaixes que continuan marcando as penas do seu entorno.
4.- ALTAR- MIRADOIRO.- Non se aprecian estructuras. A estudar conxuntos petreos espallados.
5.- MIRADOIRO – TORRETAS.- Terreo tortuoso de acceso. A estudar. ( Zona 6 )

Altos occidentais.- Zona moi achairada, inóspita con moi boa vista na sua contorna. Restos de pedras-viseira; pedrafita cuadrangular; Refuxios. Posible torretas de vixilancia . Accesos doados dende a pista, describindo o posible camiño un arco de doada ascensión. Posibles covas.






sábado, 18 de enero de 2020

14.- (Zona 4 ) A SANTANA ( 5 ) UN CASTRO NA SANTANA?


              UN CASTRO NA SANTANA ?



Entra dentro das nosas posiblidades que esta abeirada zona ben protexida e con uns accesos inexpugnables polo leste  estivera fortificada e obviamente habitada na idade de Ferro e incluso na do Bronce. Imos ver o que temos, e decidirán os entendidos. Velahí a nosa hipótese. Imos escomenzar vendoo todo no seu conxunto:
Vista xeral do outeitiño da Santana con as suas caracterìsticas a detallar:
Dereita: gardando os limites do Leste, os murallòns naturais coa sua entrada entre dous pequenos outeiros.
Centro: Dentro do recinto: unha pequena elevaciòn. A sua esquerda fica unha liña proctectora que nos tempos do Mosteiro fora ocupada por fortes muros.


Fixádevos agora na entrada a Area total entre os dous outeiros-vixias  ( obviamente con cazoletas. Non podia ser menos!)...


Vista traseira dun dos dous Outeiros ( Fernando Orella?) que franquean o camiño de entrada o recinto habitacional 

No fondo, o lugar das Cavernas,. En primeiro termino, o curuto ( con as suas cazoletas de bó tamaño)  dun dos dous outeiros que franquean a entrada o camiño que vén bordeando as fervenzas do Rio Vao , dende as terras intermedias de Esqueira. Pola sua forma e fondo,o camiño tórnase primitivo e ... histórico.


Añadir leyenda  Vista xeral da contorna de entrada no recinto da Santana. No fondo,o camiño que ven de Esqueira a piques de chegar o cruce da pontella e de bater con estrouto camiño que ven dos Penidos.  No fondo esquerda da imaxe vemos a pista, xa en franco descenso cara Esqueira. Os eucaliptus do centro e dereita da imaxe nunca nos deixaron investigar o seu chan e comprobar a existencia de covas. O lugar chámase As Cavernas.




Baixando polo camiño principal, deixamos atrás o recinto da Santana para chegarmos o rego Vao. Ali podemos ver o aspecto que poderia tér a anterga pontella, hoxe en ruiñas..



Seria bó facer un estudo delas... mais as fotos as sacáramos hai mais de 10 anos, e o lugar hoxendia está irrecoñecible. Casi nin te enteras que pasas por riba dunha ponte !!



A ponte, de formigón, é un apaño para o paso dos tractores cara as leiras de traballo... algunha hai !! nesta inmensa plantación de eucaliptus. Na foto vemos o camiño cara A Santana a dereita e o principio do camiño que sube cara os Penidos a nosa esquerda. Verémolo mais claro na foto inferior.

Os tres camiños : o que sube cara a Santana ( parte superior a dereita), o que sube cara Os Penidos ( parte superior esquerda) e o que baixa cara Esqueira ( o que vén cara nós!)


Como intuiredes, o camiño que baixa cara Esqueira é moi pronunciado, forte e dificil . Antiguamente chamabanlle " As Escaleiras" xa que tiña tramos rebaixados a modo de escalons no seu firme de rocha.

A mesma subida das Escaleiras, pero esta vez dende a parte superior.

     A ENTRADA A ÁREA INTERIOR DO RECINTO 
( croa si tratárase dun Castro, ou posteriormente Cenobio do Mosteiro da Santana)

Área de entrada no recinto do Cenobio; unha vez franqueados os muros,poderiamos decir que estamos dentro dos terreos propios do Mosteiro ... ou da hipotética Croa se se tratara dun asentamento do Bronce ou do Ferro

Entrada principal e oficiosa do recinto; o espazo abrironno para anchear o antigo camiño de carro existente nese lugar; mais hoxe iste convertéuse nunha pista cun firme reforzado a conta das grandes pedras que circunvalaban este lugar, e deran de contido o seu interior.



A unica área de doado acceso a esta chaira da Santana é vindo dende Vilacampa ( A Sabugueira). A Área que nos queda é a que vai cara as terras altas dos Penidos via Parañoas, Silvosa, etc. que acompañan o resto das fotos que preceden. A destacar esta pedrafita enclavada no curuto do outeiro que protexe a Santana pola sua cara norde.

No alto do outeiro esquerdo da Santana. Ali atopamos una especial pedra fitana no medio da finca da dereita, e  que poderia tratarse dunha reconversión dunha pedrafita.

Esta Pedrafita non é demasiado destacable, mais como todas as que asi se chaman, están enclavadas nun lugar especial. Neste caso no alto do outeiro que separa a Santana dos Penidos

Polo demáis, non lle notamos nengunha marca especial.
















52.- ( Zona 12 ) PEDROUZOS ( XENERALIDADES )

                                                          PEDROUZOS Casoupa típica destas Áreas en Pedrouzos . Hai un ano desfixéronna....